Archive for mayo 14th 2012

Teño, tiven, terei,

una loita, un temor, un pesadelo,

de non ter feito o que xurei

facer malia que con bigornia e martelo,

torcesen o sentir da miña lei;

esa que levo no sangue,

e que xa me dixo dende pequeno

que máis aló do escuro veo,

que tende o que se nomea rei

de aquilo que xulga,e sen coñecelo,

arríncao do seo da mai,

hai máis ca escuridade inculta

e séculos de loita insulsa;

Tras del hai xentes agarimosas,

cheas de humildes desexos,

e de falas ben fermosas,

e polo que sei,

tanto falan coma descoñecen

os que din que son odiosas

linguas nadas da grei.